
Virxilio Viéitez Bértolo (Forcarei 1930 – 2008).
Naceu en Soutelo de Montes no municipio pontevedrés de Forcarei en 1930. Comezou a traballar na construción con dezaseis anos e emigrou a Cataluña para exercer ese traballo. En Palamós coñeceu a Julio Pallí que lle ensinou o oficio da fotografía.
Comezou a traballar de fotógrafo na Costa Brava facendo retratos aos turistas e en 1955 regresou a Galicia e pouco despois abriu un estudo fotográfico no seu pobo natal, dese xeito tivo ocasión de retratar a moitas xeracións de veciños da Terra de Montes de forma case anónima.
As súas fotografías son retratos de persoas e grupos en actos sociais como comunións, velorios ou bautizos, pero tamén en actividades cotiáns; Con relación a súa técnica a maioría das súas fotos son en branco e negro inda que nos anos setenta realizou algunha en cor.

Abandonou a actividade fotográfica nos años oitenta, pero nos noventa a súa obra foi revalorizada protagonizando a representación da fotografía galega na VIII edición de la Fotobienal de Vigo en 1998 e despois no Museo de Arte Contemporánea MARCO, na Sala de Exposicións Caixanova de Vigo, na exposición «150 años de fotografía en España» seleccionada por Publio López Mondéjar que estivo en A Coruña e Ourense, na mostra Al gust de Cartier-Bresson en Barcelona, en Ámsterdam e en Nova York. Faleceu na mesma vila na que naceu el 15 de Xullo do 2008.
Nesta fotografía Virxilio retrata a unha veciña humilde, cercán e orgullosa co seu aparato de radio mercado cos cartos que o seu marido enviou dende América para así demostrarlle dunha maneira tenra, profunda e pura o froito do seu esforzo.
Nessun commento:
Posta un commento